1.11.08
Integración de LIM nun blog
Unha das dúbidas máis frecuentes sobre LIM é como integrar unha actividade nunha páxina web. O primeiro que temos que facer é subir o paquete lim a un espazo web, e logo poñer no blog o código facendo referencia á páxina web onde está a actividade. No blog Apuntes sobre blogs podedes obter toda a información sobre o tema. Abaixo tedes un exemplo con instruccións para integrar unha actividade LIM nunha web:Comentarios
23.10.08
Chega o magosto
Na última remodelación de Edugaliza retiramos contidos xa un pouco caducos, entre eles o hotpotatoes "Estamos de magosto". Como recibín algún que outro correo preguntando por actividades nel incluidas, pásovos a lectura que fixera (hai case dez anos) para traballar o tema.
Comentarios
21.10.08
Un Día para Uxío
Van xa nove anos dende que Uxío nos deixara naquel triste 30 de outubro. A piques dese décimo aniversario é un bo momento para unirnos e pedir a homenaxe que se merece para ese 17 de maio do 2010.Comentarios
14.6.08
Tecnoloxía ou metodoloxía?
Un video que invita á reflexión. Persoalmente estou totalmente de acordo coa mensaxe do mesmo. Grazas Luís pola achádega.Comentarios
9.6.08
O mundo do circo
Acabo de rematar un pequeno xogo co Proxecto xogamos? para traballar as distintas profesións artísticas do mundo do circo. De momento tan só é para un xogador pero prometo nuns días facer unha versión para dous. A novidade con respecto a anteriores actividades feitas con este editor está en que nesta ocasión está baseado en videos en vez de imaxes, polo que se a vosa velocidade de acceso a internet non é boa deberedes agardar un anaco para poder velo.Comentarios
10.5.08
Letras galegas 2008
Empezamos a Semana das Letras Galegas 2008. Supoño que todos teremos xa traballado diferentes aspectos de Xosé María Álvarez Blázquez en función das edades dos nosos alumnos e alumnas. Para os que queirades comprobar os coñecementos adquiridos sobre o autor, aí vos deixo un xogo feito co "Proxecto Xogamos?" pensado para o terceiro ciclo de primaria ou a ESO.Algunhas webs con información sobre o autor e que utilicei para poder realizar o xogo son:
- Na galipedia
- Páxina da Real Academia Galega
- 17 de maio.org
- Día das Letras galegas en Galicia Dixital
- O Seminario Galán (Imprescindible)
- Páxina web de Celso Alvarez Cáccamo (con moitos textos e materiais audiovisuais do autor)
Comproba aquí os teus coñecementos sobre o autor neste xogo (para dous xogadores):
Comentarios
6.4.08
PLAMBE 2008
Este xoves e venres celebrouse en Sanxenxo os terceiros encontros do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares de Galicia). Aínda que desde sempre fun membro do equipo da Biblioteca escolar nunca asistín ás xornadas pois non desempeñei o cargo de coordinador. Este ano por mor dunha baixa sí tiven a sorte de ir. A organización está coidada ata o máis mínimo detalle, o lugar impecable, os ponentes do bo o mellor,... Parabéns a Pilar e Cristina. Nótase que non só son funcionarias senón que cren firmemente no que traballan. Algunhas notas do moito que se dixo:- A informática e particularmente internet van unidas á Bilioteca Escolar e vaise incrementar aínda máis esta unión no futuro. Hai que abordar xa con seriedade a Alfin (Alfabetización Informacional).
A fenda dixital podemos extendela aos campos lingüístico, social, xeográfico,.. - Unha clara diferenciación entre Información e Coñecemento.
- O bibliotecario de este século XXI debe conxugar os ámbitos de educador, mediador e xestor.
- Manuel Bragado introduciunos no concepto de literacidade (cultura escrita) e máis concretamente na literacidade electrónica (lectura e escritura sobre pantallas). É importante educar nunha literacidade crítica ou informativa que nos permita buscar, atopar, avaliar e manexar datos en Internet. A lectura electrónica require un lector mellor formado e máis crítico.
- Os blogs entendidos como identidades individuais dixitais de dominio público teñen gran importancia como acceso á creación literaria inédita no eido educativo ou para mellorar a comunicación autor-lector. A tendencia actual é a reducirse notablemente o número de blogs debido ao auxe das redes sociais.
- Villar Arellano aclarounos máis o concepto de Alfin xa recoñecido pola UNESCO ou OCDE definíndoa como a "a capacidade básica de todas as persoas de desenvolverse con igualdade na Sociedade da Información", o que orixinou unha nova cultura, novas formas de aprender, e por conseguinte... Unha Nova Escola.
- Nesta concepción pasamos dunha "biblioteca auxiliar" a un "liderazgo pedagóxico"; un novo ámbito educativo dinámico, máis que un xestor de recursos; unha parte integrante do currículo máis que un simple complemento; e finalmente: un entorno para a formación, máis que un depósito de información.
- Entre os principais obxectivos que debe perseguir a Biblioteca Escolar sinalamos: ofrecer materiais (e elaboralos); facilitar o acceso á información; orientar, formar e informar; promocionar a lectura e o acceso á cultura. En definitiva: sustentar un novo modo de coñecer e aprender.
- Toda Biblioteca Escolar debería desempeñar as seguintes funcións: Democratizadora (igualdade de oportunidades educativas e culturais); documental; alfabetizadora (aporta recursos para a aprendizaxe permanente e a ALFIN); socializadora; e un entorno de comunicación multimedia.
- "O home está na beira dun inmenso mar, non de auga senón de información" (Villar Arellano).
- José Manuel Luque defendeu que "a biblioteca non pode ser un servicio complementario do centro".
- Unha boa práctica sería a de publicitar todos os recursos dos que dispón a Bilioteca Escolar para cada ´"Día D" (Paz, Magosto, entroido, amios,...); dar a coñecer entre o propio profesorado os recursos electróncios do centro: blogs, páxina web,...; creación de grupos de lectores-escritores; importancia de ter unha zona telemática definida onde poidamos acceder á información de internet.
- Conxugaremos dúas novas competencias: a educacional coa tecnolóxica.
- Luque retounos a crear nas nosas webs unha base de datos cos recursos informativos e formativos ben organizada (unha posibilidade é facelo seguindo os criterios da CDU).
- Laura Borrás Castanyer introduciu o termo de "Infoxicación", un neoloxismo de Cornellá que combina información con intoxicación na xestión e dixestión do alud informativo dos nosos días.
- O hipertexto e o traballo en rede constitúen as formas discursivas propias da ensinanza virtual da literatura dende un paradigma comparativista.
- "Un bo lector é un relector" (Nabokov).
- Entre as moitas cousas das que nos falou Gonzalo Moure paréceme interesante esa experiencia dun instituto de que cada membro do centro escribise nunha pegada o libro que máis significou nas súas vidas. Unha boa forma de coñecer a cadaquén.
- "Se non les non pasa nada..., pero se les si que pasa" (Gonzalo Moure)

Comentarios
25.3.08
III Encontro de Edublogs
No blog de Carlos Santos enteirámonos que o III Encontro de Edublogs a nivel estatal se celebrará este ano en Santiago os días 3, 4 e 5 de xullo. Como o número de blogs no ensino en Galicia medra de xeito exponencial imos ter que pelexarnos para coller unha praza. Oxalá sexa un éxito.Comentarios
23.2.08
Accesibilidade web
Os compañeiros de TADEGA brindáronos este sábado en Pontevedra unha interesante ponencia sobre a Accesibilidade Web. Estou comprobando que esta bitácora non obtén o aprobado. Intenterei mellorar.
Para os que queirades comprobar que tal estades de accesibilidade podedes ir a:
Comentarios
6.2.08
Drawing for Children 2.2
O 26 de decembro pasado, Mark Overmars sacou unha nova versión (a 2.2) do Drawing for Children que inclúe pequenos pero útiles cambios coma a posibilidade de ter distintos tamaños para os debuxos, cargar arquivos jpg ou un completo formulario de configuración que nos permite personalizar o programa en función das características dos nosos alumnos.Fixen un parche coa traducción ao galego do mesmo, no que incluín os novos módulos de "Imaxes Vectoriais" que fixera hai un par de meses.
Comentarios
5.2.08
Xogos Pregunta-Resposta
A pesares do compoñente conductista que poida ter este tipo de actividades, sen dúbida poden ser utilizadas axeitadamente polo mestre cos seus alumnos aproveitando o seu caracter lúdico e motivador. Son tres xogos que fixen recentemente co software do "Proxecto Xogamos?" recentemente premiado pola Consellería de Educación.- Nature Trail (1 xogador) :
Trátase dun programa para un xogador no que terá que amosar o vocabulario que posúe en inglés sobre termos relacionados coa natureza. Utilizamos para elo fotos do noso colexio, moi sensibilizado polo Medio Ambiente. Con cada pregunta acertada, a rá dará un salto. Gañamos cando non quedan rochas a saltar e a rá ten que meterse na lagoa. Pensada para alumnos do 3º Ciclo de Primaria. Ten son. As preguntas e fotos das mesmas foron elaboradas por unha compañeira do colexio: Teresa Fariña. - Nature Trail (2 xogadores) :
É o mesmo xogo anterior pero pensado para competir entre 2 xogadores. Aquí unha rá amarela e unha rá verde compiten para ver quen é quen de saír da lagoa e comer unha mosca que está situada fóra. As preguntas son as mesmas da aplicación anterior (polo tanto en inglés e relacionadas coa natureza). Está pensada para alumnos do 3º Ciclo de Primaria. Ten son. - O nome das cousas (1 xogador) :
Dora a Exploradora quere chegar xunto ao seu amigo Botas e para elo ten que acertar cinco preguntas correctamente sobre a letra na que comezan unha serie de obxectos cotiás. Está pensado para alumnos e alumnas de Infantil de 5 anos ou 1º de Primaria onde os nenos están iniciándose na lectura. Moi recomendable aplicar coa PDI (Pizarra Dixital Interactiva) para o cal o panel coas respostas está situado na parte inferior da pantalla para que os nenos poidan chegar facilmente.
Comentarios
21.1.08
Don Emilio Calatayud en Pontevedra
O vindeiro mércores 30 de xaneiro estará en Pontevedra Don Emilio Calatayud, Xuíz de Menores do Xulgado nº 1 de Granada. Todos coñecemos as súas contundentes e clarificadoras opinións sobre a situación actual do mundo educativo grazas ao YouTube e algúns programas da tele. A conferencia está dirixida ás familias e profesorado. Ás 19,30 do mesmo día dará outra conferencia en Vigo.Lembrade:
Data: Mércores, 30 de xaneiro, ás 17.00 horas
Lugar: Salón de Conferencias da Fundación Caixagalicia.
Comentarios

