Chaves para acadar unha docencia de calidade na universidade
Publicado por Carlos Santos el 19 Enero, 2008 - 18:44
Grazas a este artigo publicado por D. Besadío no DUVI , temos información dunha conferencia impartida por M.A. Zabalza (catedrático de didáctica da USC ). Os que tiveron a sorte de acudir á cita, encadrada dentro do ciclo A docencia universitaria e que tivo lugar na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo , teñen agora máis chaves para reflexionar sobre os novos retos que terá que afrontar a universidade para adaptarse aos novos tempos e, con el, ao EEES .Algunhas das cuestións e afirmacións, sen dúbida moi resumidas e expresadas de forma sintética nesta nova, son aspectos chave sobre os que dialogar e conversar tanto na docencia universitaria como noutros niveis do ensino. Segundo a fonte citada, M. Zabalza mantivo que para ser un bo docente non abonda con ter capacidade de planificar o curso, seleccionar e presentar os contidos do xeito axeitado e explicalos de forma comprensible. É necesario ademais:
- Ter capacidade de reflexión sobre o que se está a facer.
- Manexar as novas tecnoloxías.
- Ser capaz de traballar en equipo.
- Ter boas relacións cos alumnos
- Facerlles ao alumnos un bo proceso de titorización.
- Importancia de deseñar e planificar a docencia con sentido de proxecto formativo (referíndose á importancia da planificación previa).
- Seleccionar e presentar os contidos (pese a estar pouco valorado tradicionalmente). Elixir contidos interesantes e presentalos de xeito atractivo.
- Incorporar as novas tecnoloxías e recursos diversos, aos que estes estudantes son moito máis receptivos
- Xestionar axeitadamente os métodos didácticos
- Relacionarse construtivamente cos alumnos.
- Titorizar aos alumnos, de xeito que poidan ter un titor que os oriente e siga o seu proceso de aprendizaxe.
- Avaliar aos alumnos (un dos aspectos no que agora están máis frouxos os docentes).
- Reflexionar e investigar sobre a propia docencia e implicarse institucionalmente.









