A escola na rede (CFR de Ferrol)
Publicado por Carlos Santos el 18 Enero, 2008 - 08:43
O ano pasado contaba sobre a miña asistencia á charla impartida por Jordi Adell en ferrolterra. Gardo moi bo recordo daquela visita ao IES Sofía Casanova .O que non pasara polo meu maxín naquel intre era que un ano despois ía volver a visitar o mesmo salón de actos, neste caso compartindo o papel de relator coa amiga Lucía Blanco.Agradézolle aos responsables do CFR de Ferrol que nos convidasen e que nos tratasen o ben que nos trataron. Cando un está a gusto, o traballo sae moito mellor. A nota de prensa enviada polo CFR informando sobre este evento o pasado día 10 dicía asi: "O Centro de Formación e Recursos de Ferrol convocou unhas xornadas formativas dirixidas ao profesorado co obxecto de adentrarse nas posibilidades e futuro da internet no eido educativo. con estas xornadas procurarase reflexionar acerca das posibilidades da rede no desenvolvemento da competencia dixital e tratamento da información. A través das catro conferencias coas que contará a actividade irán xurdindo debates en torno a diferentes aspectos relacionados coa realidade educativa e a integración das TIC.: neste sentido abordaranse aspectos como a competencia dixital e tratamento da información, a Internet como espazo educativo e amosaranse algún proxectos pilotos e experiencias salientabeis na integración das TIC nos centros educativos.As xornadas terán unha duración de de 10 horas e serán certificadas polo CFR de Ferrol. Para matricularse o profesorado pode facelo dende a páxina web da Consellería de educación http://www.edu.xunta.es/fprof " Nunha próxima anotación contarei sobre a charla que tivemos o pracer de manter Lucía e máis eu cos asistentes este xoves 17 de xaneiro "Tecendo a rede con ferramentas 2.0"O vindeiro 21 tócalle o turno a Antonio R. de las Heras da Universidade Carlos III "Un modelo de integración das TIC en educación"O 24 de xaneiro, volveremos a ter por ferrolterra a Jordi Adell que falará sobre "Competencia dixital na era da web 2.0E para finalizar esta xeira de charlas e conferencias teremos a Fernando G. Paez e José Manuel Bouzán Matanza, que nos falarán sobre "O papel dos coordinadores TIC" Etiquetas: CFR, Ferrol, web20, TIC, educación, competencias, formación
Acerca de Carlos Santos
- Otros artículos de Sekeirox









