Polo recoñecemento oficial das publicacións na rede
Publicado por albertoarmada el 15 Mayo, 2008 - 14:38
Moitas e moitos docentes, cada día máis, ocupamos un sinfín de horas en publicar na rede os nosos espazos educativos para beneficio de toda a comunidade. Este traballo, lonxe de obter recoñecemento por parte das administracións educativas, mesmo resulta ser totalmente despreciado nalgunhas comunidades (Galicia, por exemplo). Na rede social “Internet en el aula” proponse unha mobilización do profesorado para reclamar recoñecemento polo seu traballo e dedicación.









