Bonitas palabras
Publicado por albertoarmada el 21 Junio, 2008 - 17:33
Extraído de Fin de Curso:
A conselleira de Educación destacou que “o alumno do século XXI chegará ata onde queira chegar desenvolvendo a súa propia capacidade de aprendizaxe”. Neste senso, Sánchez Piñón indicou que o modelo educativo “debe inspirarse en conceptos que animen á reflexión, a aprender a aprender e a relacionar contidos”. “Estes son os camiños que debe emprender a educación neste século”; unha educación, segundo sinalou a conselleira, “que nos permita crear unha nova cultura do pensamento; regulando o poder das novas tecnoloxías; estimulando os distintos tipos de intelixencia e habilidades; e que lles achegue aos estudantes os medios necesarios para empregar o coñecemento en múltiples contextos da vida académica e tamén persoal”.
Pois si, estamos moi de acordo. O que pasa é que ás palabras lévaas o vento…









